Avecíñanse cambios nas páxinas de Facebook

Inicio / Blog / Avecíñanse cambios nas páxinas de Facebook

xaneiro 16 2018

Son varias as novidades xa anunciadas por Facebook para este ano 2018 que influirán de xeito importante na visibilidade e alcance das páxinas corporativas.

Tal e como anuncio Mark Zuckerberg, estas novidades van encamiñadas en potenciar a interacción cos amigos e familia a través da rede social en detrimento da visibilidade das publicacións realizadas por páxinas no muro dos usuarios.

Por isto, será aínda máis importante a creación de contidos de calidade que sexan de interese para a comunidade, así como tomarse máis en serio o investimento publicitario nesta rede.

Se desexas coñecer máis en profundidade estas novidades, recomendamos este artigo do noso amigo Rubén Bastón: "El destino de las páginas de Facebook en 2018: interacción, pago o muerte".

 
Compartir: