Abertal xestionará a formación en marketing e comunicación dos artesáns galegos

Inicio / Blog / Abertal xestionará a formación en marketing e...

marzo 13 2018

Durante este ano 2018 intentaremos axudar aos artesáns galegos na planificación estratéxica da súa presenza online a través de varios obradoiros de formación en colaboración con Artesanía de Galicia.

O primeiro terá lugar en Lugo, con 3 sesións os días 13 de abril, 27 de abril e 11 de maio, de 16:00 a 19:00h. Nestas xornadas ofreceranse aos asistentes os recursos e coñecementos necesarios para que optimicen a súa comunicación e comercialización online, ademais de realizar unha auditoría de cada unha das empresas de xeito individualizado para asesoralos na súa estratexia dixital.

Os artesáns interesados poden inscribirse xa dende a web de Artesanía de Galicia:

Máis información e inscrición

Vindeiras xornadas:
Ourense: 31 agosto - 28 setembro
Santiago de Compostela: 5 -31 outubro
Pontevedra: 9 novembro - 5 decembro

 
Compartir: